venres, 7 de outubro de 2016

COMEZO DO PROXECTO

Como non podía ser doutro xeito cando se inicia unha andaina de aprendizaxe tódolos membros da comunidade educativa implicados na mesma temos que camiñar e aprender xuntos. Daquela é unha invitación á participación no noso proxecto o  que se lles ocorreu aos nosos mouchiños para da-los primeiros pasos nesta camiñata "Pola beira do Miño". 
Trátase de participar en familia e de premer nos coñecementos previos que temos sobre o río. Todo o que xa sabemos sen nos poñer a investigar quedará reflectido neses orixinais traballos que de seguro chegarán enseguidiña ao cole. É que en creatividade ninguén nos gaña, como xa temos amosado nas anteriores peticións dos mouchiños da biblio!!
Está é a carta que os mouchiños remitiron ás familias.


1 comentario:

  1. Iso é verdade: a imaxinación non nos gana ninguén.... A ver por onde sae este proxecto! ;-)

    ResponderEliminar