LENDAS DO MIÑO.RECURSOS

PERSONAXES MITOLÓXICOS  E LENDAS

XACIAS E XACIOS.- Homes e mulleres- peixes da zona da Ribeira Sacra. Son seres anfibios. Viven en tribus e aliméntanse de peixes.
Os ríos Miño e Sil que a atravesan son o lar das xacias,  que poden vivir tanto no fondo dos pozos como en terra, principalmente nos castros. 

Tamén na Ribeira Sacra abondan :
OS MOUROS
Seres máxicos que habitan os castros e as fortalezas a carón do río gardando grandes tesouros.

E AS MOURAS
Agasallan as rapazas con ouro. Unha vez unha moura moi fermosa pediulle a unha rapaza que non mirase cara atrás cando marchase. Ela non o fixo e convertiuse en serpe.

E AS LAVANDEIRAS DO SIL Seres máxicos que lavan nel as pébidas de ouro e viven no fondo do río
Escoitade a lenda

http://lendasgalegas.swred.com/lendas_ourense_as_lavandeiras_do_rio_sil.htm
Teñen relación coas gwragedd Anwnn galesas.

No Sil fálase das AUREANAS DO SIL que son mouras que engaiolan os mozos e traballan coas pébidas de ouro do río. Son delicadas como fadas e moi fermosas.Normalmente son tres ou catro que se desencantan se se lles entrega un bolo de pan ou un queixo de varios cornechos 

http://www.rios-galegos.com/sex2.htm

No camiño de  Ourense a Castrelo está o manancial de ANA MANANA unha fermosa moura  vestida de blanco que nunca puido ser desencantada. 


FEITICEIRAS DE ARBO 
As feiticeiras amedoñan ás personas dunha e doutra beira que cruzan o río Miño, sexan pescantíns, barqueiros ou calquera tipo de xente, que deben levar croios entre os dentes para así non repostar ás súas palabras enmeigadas. Son fermosas e poden engailar os mozos, que os levan as profundidades e xa se sabe.
O parecer estas feiticeiras aparecen exclusivamente no río Miño.


COCA DO MIÑO OU DE MONÇAO. Vive no Miño. A tradición de Cocas na beira galega perdeuse. É unha serpe dragón con ás de morcego. Ten catro patas armadas de fortes gadoupas, e na súa faciana aluman uns ollos terribles, sobre unha enorme boca con agudos dentes.

BRUXA IRIMIA. Construiu o pedregal de Irimia, nacemento do Miño cunhas pedras que levaba para lle facer fronte os frades que querían apropiarse daquelas terras.
http://www.galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=16&id=1612

O BARCO PANTASMA DE RIBADAVIA cunha tripulación que resultaron ser esqueletes despois de   esconxurada por un monxe  no século XII

http://faunaourense.blogspot.com.es/2013/02/o-barco-pantasma-do-mino.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario