Respondendo ás peticións dos nosos mouchiños a entrada e as escaleiras do cole enchéronse cun mundo de traballos. Esta foi unha das fotos feitas os primeiros días. Pinga a pinga fomos recibindo
máis traballos.
luns, 24 de outubro de 2016
venres, 7 de outubro de 2016
O SAMAÍN ESTÁ MOI PRETO
Como neste mes navegamos xa polas augas do Samaín queremos deixarvos uns apuntiños sobre algún dos seres máxicos que poboan o Río Miño. Aos poucos iremos ampliando esta información.
Tédela na pestana de arriba en mitoloxía fluvial.
Tédela na pestana de arriba en mitoloxía fluvial.
COMEZO DO PROXECTO
Como non podía ser doutro xeito cando se inicia unha andaina de aprendizaxe tódolos membros da comunidade educativa implicados na mesma temos que camiñar e aprender xuntos. Daquela é unha invitación á participación no noso proxecto o que se lles ocorreu aos nosos mouchiños para da-los primeiros pasos nesta camiñata "Pola beira do Miño".
Trátase de participar en familia e de premer nos coñecementos previos que temos sobre o río. Todo o que xa sabemos sen nos poñer a investigar quedará reflectido neses orixinais traballos que de seguro chegarán enseguidiña ao cole. É que en creatividade ninguén nos gaña, como xa temos amosado nas anteriores peticións dos mouchiños da biblio!!
Está é a carta que os mouchiños remitiron ás familias.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)